Sede electrónica do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Estás en:
  1. Inicio
  2. Información sede electrónica
  3. Data e hora oficial

Información sede electrónica

Data e hora oficial

O artigo 26.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE-A-2007-12352), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos sinala que os rexistros electrónicos se rexerán para os efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados coma ás Administracións Públicas pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar visible.

Así mesmo, o artigo 6.2 j) do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro (BOE-A-2009-18358), polo que se desenvolve parcialmente a devandita Lei, establece que as sedes electrónicas indicarán a data e hora oficial para os efectos previstos no artigo 26.1 da Lei 11/2007 (BOE-A-2007-12352).

En cumprimento de ambas as dúas disposicións ofrécese a data e hora oficial da Sede Electrónica do Ministerio de Economía e Empresa.

É necesario actualizalas cando se queira ter certeza desta nun momento dado.

Pode, ademais, comprobar a hora e data oficiais no Real Instituto y Observatorio de la Armada (ROA).

O seu navegador non soporta, ou non esta configurado para mostrar inline frames, se desexa visualizar o contido debe acceder dende o menu principal en Informacion Sede Electronica apartado Data e hora oficial.

© 2012-2022 Gobierno de España. Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital