Sede Electrónica do Ministerio de Economía e Competitividade
Estás en:
  1. Inicio
  2. Contacte connosco
  3. Caixa de correo de queixas e suxestións

Contacte connosco

Queixas e suxestións

De conformidade co artigo 15 do Real Decreto 951/2005 de 29 de xullo, polo que se establece o marco xeral de mellora da calidade na Administración Pública Central, os usuarios poden presentar as súas reclamacións ou suxestións, en persoa, por correo ou por medios electrónicos
(BOE-A-2005-14836).

Presentación electrónica

En cumprimento do artigo 10.3 da Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE-A-2007-12352), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e do artigo 3.2 e) do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro (BOE-A-2009-18358), polo que se desenvolve parcialmente a devandita Lei, a través desta Sede deberase garantir o acceso aos medios dispoñibles para a presentación de queixas e suxestións.

As queixas e suxestións presentadas por correo electrónico ou a través de Internet deberán estar subscritas coa sinatura electrónica do interesado. Así mesmo, os usuarios recibirán constancia da súa presentación a través do medio que indiquen na formulación das súas queixas e suxestións.

Non se considerarán medios para a formulación de queixas e suxestións os servizos de asesoramento electrónico ao usuario para a correcta utilización da sede, sen prexuízo da súa obriga, cando existan, de atender os problemas que susciten os cidadáns.

Queixas e suxestións 

Formas de presentación: Presencial ou Postal

Os formularios de queixas e suxestións teñen por obxecto recoller as manifestacións de insatisfacción dos cidadáns cos servizos prestados e, tamén, as iniciativas presentadas para a mellora da calidade.

As queixas e suxestións poden ser presentadas de forma presencial, cubrindo o formulario correspondente e por correo postal, no cal se fará constar o nome, apelidos e domicilio, co fin de remitirlle a copia correspondente así como a contestación.

Descargar formulario de suxestións e queixas

Lugar de presentación
Ministerio de Economía e Competitividade
Pº. de la Castellana, 162 - 28046 Madrid
Contestación

Recibido o formulario, a Unidade Responsable correspondente deberá informar o cidadán no prazo de 20 días hábiles. O transcurso do devandito prazo poderase suspender no caso de que deba requirirse ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, formule as aclaracións necesarias para a correcta tramitación da queixa ou suxestión.

Se transcorrido o prazo non se tivese obtido ningunha resposta, o interesado poderase dirixir á Inspección Xeral de Servizos: Pº de la Castellana, 162. Planta 12ª,  28046-Madrid. (inspeccion.qs@mineco.es), co fin de coñecer os motivos que orixinaron a falta de contestación e para que a devandita Inspección propoña, se é o caso, aos órganos competentes a adopción das medidas oportunas.

Normativa

A normativa básica na que se regulan os formularios de queixas e suxestións recóllese no Real decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral do Estado (BOE-A-2005-14836 e corrección BOE-A-2005-15638).

© 2012-2019 Ministerio de Economía e Empresa